Hai ocasións nas que resulta complexo que unha persoa se amose feliz ou positiva; os sentimentos negativos a cotío, poden provocar que naufraguemos no camiño, pero tan certo como iso é o feito de que ser positivo 24x7x365 tampouco é 100% realista, porque a veces sentimos que algo debe cambiar, aínda que non nos demos conta de como facelo ou cal é a opción máis axeitada…
Non importa, é lícito tamén tomarse tempo para a reflexión e para a expresión do malestar, a tristura, ou calquera outro sentimento “menos aceptado” na sociedade, …
A veces, cando atopamos a alguén que non se atopa todo o feliz que nos gustaría tratamos de animalo, pero con presa, con urxencia, como se o feito de que alguén esté así implicase prohibición; sen darnos conta que tamén é preciso que brote o malestar, porque se trata dos sentimentos, e sexan cales sexan, é bo que saian ó exterior.
Permitide que saian a flote, non apures o sorriso, chegará.
Se a persoa che importa, a solución é doada: menos é máis, só tes que estar.
Déixovos dúas imaxes que falan por si mesmas e identifican moi ben todo o que vos acabo de contar.