Empatía= capacidade cognitiva de percibir, nun contexto común, o que o outro individuo pode sentir…non significa só poñerse no lugar do outro; implica un conxunto de escoita activa, comprensión (inclusive das mensaxes non verbais) e apoio emocional.
É a habilidade de captar os estados afectivos dos demais, para ter perspectiva respecto do outro e poder observar a situación de xeito obxectivo.
Sinceridade= non implica dicir todo o que pensas, é, máis ben, non dicir nunca o contrario do que se pensa.
Da mistura de ámbolos dous termos, sempre que se leven a cabo de mal xeito, xorde o SINCERICIDIO= conduta pola que alguén, créndose honesto e valente, amosa a súa sinceridade ante os demais, sen filtro de ningún tipo, cando quizais os outros non lle pediron opinión.
Este comportamento implica conflito co arredor, porque se achega máis a unha falta de respecto que á coñecida como boa educación e axuda ó outro.
Entón, como reflexión, e tendo en conta o anterior:
Ser sincero non sempre é unha virtude; a educación e o respecto deben ir por diante, porque estás opinando sobre os demais…
Ser sincero conxúgase coa EMPATÍA (non poden ir separados) xa que implican o feito de ser cautos, para non facer dano, e dicir as cousas de xeito atinado.
Ser sincero (e quizais maleducado) é cómodo e déixate tranquil@, pero se non es capaz de entender ó interlocutor ou oínte, entón, mellor permanece calado…o dano pode ser irreparable, e ti non es ninguén para facer iso con esa calma e inconsciencia.