A PSICONUTRICIÓN é un enfoque diferente que inclúe o traballo conxunto de dúas disciplinas complementarias (nutrición e psicoloxía) coa finalidade de mellorar os hábitos, o sentir, e, en definitiva, a CALIDADE DE VIDA.
A unión destas dúas disciplinas aporta un enfoque diferente e máis completo ó tratamento habitual de dieta típica para mudar de peso que sabemos que, normalmente, teñen pouco éxito a longo prazo. Neste caso, A psicoloxía axuda ás persoas a observarse e como resultado identificar, valorar e xestionar de forma máis adaptativa os seus procesos psicolóxicos que son os que están influíndo nos hábitos alimenticios que mantén.
¿Sabías que a maioría das dietas fracasan porque se centran no que comes e olvídanse do que sintes?
¿A quen vai dirixido o servizo de psiconutrición?
Párate un momento e reflexiona sobre o seguinte:
- ¿Tes algún medo, preocupación ou malestar e para calmar esa sensación comes algo?
- ¿Levas toda a vida “a dieta” e os resultados non se manteñen no tempo?
- ¿Percibes a túa imaxe conforme á realidade?
- ¿Deixas de comer cando estás preocupad@ ou nervios@?
- ¿Comes máis despois dun día duro a nivel laboral, persoal, etc?
- ¿Estás aburrid@ e por eso comes máis veces?
Se algunha resposta ás anteriores cuestións é afirmativa, este enfoque conxunto de psicoloxía e nutrición pode serche de utilidade.
¿Cómo é o servizo?
- Valoración inicial por parte da túa psicóloga e a túa nutricionista
- Seguimento semanal con consultas individualizadas
- Acompañamento entre sesións vía WhatsApp
- Podes escoller entre servizo presencial en A Coruña ou servizo online cómodamente dende a túa casa
Características do servizo
- 2 consultas de psicoloxía / mes
- 2 consultas de nutrición / mes
- Envío de documentación con material complementario ás consultas individuais
- Contacto entre sesións por vía telemática (WhatsApp ou email)
Se queres máis información ou estás interesad@ en pedir cita para comezar a traballar con nos, pincha aquí.