Fai poucos días, publicábase unha entrevista que un xornal provincial me fixo a colación das implicacións emocionais do Covid-19.
No encabezado resaltaba o termo resiliencia, e eu mesma comentei que o ser humano ten esa capacidade, en maior medida do que cre; por esta razón vou profundizar un pouquiño máis para que coñezades o termo con máis precisión.
A resiliencia fai referencia á capacidade que teñen os materiais de voltar ó seu estado orixinario. Esta definición de diccionario é moi clara e determina moi ben a vinculación do termo no ámbito que me atinxe: a psicoloxía.
A resiliencia concentra esa habilidade para sucumbir ás adversidades ou ás situacións de risco e sair airosos e reforzados das mesmas.
Ao longo do confinamento, tivemos que enfrontarnos de xeito global como sociedade, e tamén de xeito individual cada un coas súas diferenzas, a unha realidade impensada e que implicaba un risco vital serio. Inicialmente costou aceptar e comprender o impacto, pero en poucos días fomos quen de habituarnos a vivir e convivir de portas cara adentro literalmente, e facendo uso dos medios telemáticos para poder estar preto da xente que nos importaba; pero,…
non credes que nos afixemos bastante ben e nun período de tempo relativamente breve? non considerades que case o que máis está costando é voltar agora a retomar rutinas porque aínda quedan certos temores, respeto e porque non podemos ter todo baixo unha porcentaxe total de control?
Entón…
Ti, ¿cres que es resiliente?
Se a resiliencia implica adaptación ante os riscos e adversidades, pois eu considero que o ser humano deixou claro que ten na súa base esa habilidade. Agora ben,…
¿Cales son as características que definen a resiliencia?
…a resiliencia conleva tamén aprendizaxe para futuras ocasións, de xeito que podas diminuir sufrimento e aumentar a adaptación dende un comezo.
Unha persoa que ten unha resiliencia alta é aquela que destaca polo seguinte:
- Acepta a realidade tal e como é; ten realismo e flexibilidade e fai uso de ambas cualidades.
- Os erros de pensamento cometidos son menos que noutras persoas (non esaxera, non conclúe prematuramente, ten en conta os datos obxectivos e polo tanto interpreta a realidade con maior exactitude!)
- Ten marxe de mellora sempre (é consciente de que sempre se pode medrar)
Ollo! Ser resiliente non implica que non podas sufrir estrés, ansiedade, preocupación,…e non te libra de ter conflictos nalgún eido. Pero axuda a que sexas capaz de sobrepoñerte e afrontar cada paso con máis seguridade e mellores resultados.
Se chegache lendo ata aquí de seguro te estarás dicindo:
Eu quero ser (máis) resiliente!
Se consideras que é boa idea traballar as habilidades precisas para que o teu nivel de resiliencia aumente, aquí che deixo algunhas pinceladas:
- Reflexiona e anota sobre as túas virtudes, os puntos fortes e tamén as debilidades.
- Aprende dos erros cometidos sen culpabilidade. Se non os cometeras, non saberías que iso non te ía beneficiar.
- Analiza as causas polas que os problemas que tes ou tiveche chegaron a existir; se está na túa man, considera que podes modificar para que non volten repetirse.
- Non sexas optimista, pero si realista. Pondera cada situación e cada feito con pros e contras centrándote en datos e argumentos sólidos, non en especulacións ou crenzas.
- Intenta dar nome ás túas emocións e aceptalas, esa é a mellor forma de poder aprender a manexalas, especialmente en épocas vulnerables.
- Ten confianza en ti mesmo e nas túas capacidades e se cres que non abundan na túa persoa, retoma a primeira reflexión!! Sempre temos fortalezas, obsérvate dende o cariño.
- Intenta mellorar e fomentar a túa empatía. Comprenderte a ti e comprender ós demais é a base para mellorar as conexións e as relacións, e lembra que os vas precisar, o ser humano é social por natureza:)
- Pondera as túas metas e fixa aquelas que sexan realistas e a curto prazo.
Se despois de todo cres que precisas apoio para canalizar as emocións e focalizar na realidade e así fomentar e mellorar a túa resiliencia, non dubides en contactar con unha profesional. Estamos para axudarche, e non sempre tes que acudir cando xa hai un problema real! De feito é moi aconsellable realizar sesións de autodescubrimento e como coidado persoal.
Se me necesitas, podes pinchar aquí, e falamos:)
Déixovos de seguido, o enlace á entrevista por se vos apetece vela;)
Un comentario en “3 CARACTERÍSTICAS DA RESILIENCIA…”