Por norma xeral, todas as persoas se preocupan polo seu aspecto físico algunha vez. O ser humano é social por natureza e precisa sentirse aceptado e valorado no grupo, así que observa moi de cerca as opinións e percepcións dos demais intentando encaixar para poder forma parte e non verse excluido.
Vivimos nunha sociedade onde aínda hai moitas persoas que se permiten opinar sobre os corpos dos demais. Comentarios que din van “sen mala intención” e que cho din “polo teu ben” e “pola túa saúde”. Todas recibimos algunha vez “consellos” sobre cómo debemos comer para “estar mellor” ou cómo de bo sería facer máis exercicio para “atoparnos ben”, que aínda que levan a mensaxe de saúde por parte do emisor, terminan por traducirse e percibirse dende o receptor como esixencia para modificar a apariencia. As presións por ter ou manter un aspecto determinado implican un esforzo mental tan grande, que detrás esconden un tremendo malestar.
Nas consultas de psiconutrición e nutrición, vemos con frecuencia que este “dereito” que algunhas persoas se cren que teñen para opinar dos demais moitas veces trasládanse á comida. É dicir, non emiten xuízos directos sobre o teu corpo pero sí sobre o que debes ou non debes comer. A veces o xuizo no é emitido con palabras pero lánzanche unha mirada de desaprobación que o di todo.
¿qué podemos facer ante comentarios sobre o noso corpo ou sobre a nosa alimentación?
É importante ter claro que as persoas que xuzgan tan deliberadamente, independentemente de quen sexa, están dando moita máis información sobre sí mesmos/as que sobre o que están dicindo con palabras.
Os seres humanos somos críticos por natureza, pero normalmente isos xuízos emítense dando a coñecer os medos propios, as faltas de aceptación persoais, aqueles factores que un bota de menos e cre que instaurando a mesma presión ou temor sobre o resto da sociedade, a carga persoal será menor.
Si a ti, como á inmensa maioría, che afecta emocionalmente o que escoitas, primeiro intenta pararte un momento e despois comeza a reflexión:
- ¿Estou enfadada/o ou decepcionada/o co comentario ou co emisor do mesmo?
- ¿Estou defraudada/o polo contido da mensaxe? ¿síntome culpable? ¿Creo que ten razón en parte do que di?
- Se algunha resposta anterior foi afirmativa, ¿que hai de min que non me convence para que ese comentario me faga sentir desa forma?
- ¿Cal cres que é a razón desa persoa para opinar con soltura sobre a túa vida?
- ¿Algunha vez opinache sobre esa persoa ou sobre outras na súa presencia?
Todas/os somos máis que un corpo, pero centramos a atención inconscientemente nese aspecto de forma casi automática e en infinidade de ocasións descubrímonos facendo xuízos cando vamos pola rúa, cando estamos na praia, cando imos a un local,…e eso ocorre porque a sociedade incúlcanos certos cánones dos que non é bo sairse.
Cando valoramos, xuzgamos, ou facemos calquera tipo de comentario que focalice no campo estético ou da alimentación, estamos transmitindo a aprobación ou desaprobación para con esa persoa en función do seu físico e non das súas cualidades intrínsecas. Estamos conectando co exterior, pero non co interior. Estamos conseguindo que esa persoa dubide de quen é e so pense en quen debe semellar que é.
¿Por que na sociedade hai tendencia a sobrevalorar o aspecto? ¿por que non somos capaces de asumir con naturalidade o noso corpo e deixar a un lado os efectos colaterais dos comentarios recibidos?
Necesitamos con urxencia dun traballo e esforzo persoal para romper barreiras e observar como somos ante o espello, sexa cal sexa a silueta que se reflexa. Se nos permitimos esta acción con naturalidade e dende a calma, estaremos acercándonos ás nosas emocións e sentimentos máis primarios e poderemos ir profundizando en quen somos e que queremos. Unha vez feito isto, hai que aceptarse sen ser autodestructivos; centrarse nas partes que máis nos gustan e nos motivos dese razonamento. Posteriormente, se hai algo que de forma interna nos afecta emocionalmente respecto do que vemos, pois iremos propoñendo cambios de hábitos e rutinas, pero con obxetivos centrados en realidades, posibles e a curto prazo, que nos permitan manter a motivación e ir facendo un camiño lento e estable, sen prisa, pero con continuidade no tempo.
Coidarse implica benestar a nivel de saúde e tamén a agradable sensación de poder encaixar no medio no que nos relacionamos.
Podemos preocuparnos pola nosa apariencia, non pasa nada, é algo do común, pero hai que prestar gran atención para evitar convertir ese coidado en limitacións e barreiras que nos leven á creación dun conflito con nos mesmos que anule a nosa persoa. O equilibrio sempre é o ideal, pero tamén a situación máis delicada para conseguir de forma individual, precisamente por esa necesidade de sentirse aceptados que mencionamos ao comezo; buscamos aprobación externa constante, sen permitirnos o privilexio de ser e estar con nos mesmos. Cando a mistura entre a preocupación polo que dirán, a conciencia real do corpo e a seguridade en nos a partir do mesmo, nos levan a dubidar, entón quizá é o momento de cambiar algo e buscar axuda dun profesional que poda acompañarte nesa viaxe.
Aceptarse non é tan complexo, pero a fórmula require dun menos de autoesixencia e un máis de realidade. Obxetivos pequeniños conseguirán que chegues a sentirte grande.
Non deixes que sexan os demais os que marquen como debe ser o teu propio corpo. Non vivas en silencio. Reconecta co teu ser e comeza a quererte tal e como es para, a partir dese momento, ser consciente das necesidades e tomar a decisión de coidarte para gañar en saúde e non so en escaparate;)
Se te sintes reflexada/o ou prefires adiantarte ao malestar, non dubides en contactar aquí.