Fai un tempo estiven de conversa cun amigo e entre outras reflexións, preguntoume: “Tania, ¿como sei que teño que ir ao psicólog@?, porque de seguro que o precisei nalgún momento da miña vida, pero eu non sabería distinguir cando!”
Ante esa pregunta tan concreta e directa a miña resposta foi cautelosa; evidentemente considero que non hai uns requisitos que teñas que cumprir para acudir, aínda que haxa momentos nos que sexa máis necesario que outros (por sentimentos percibidos, malestar emocional, etc), pero eu son das que penso que en verdade cada persoa sabe cal é o seu momento idóneo, é como se algo fixese “clic” no interior e vises claro que ser escoitado por un/ha profesional é o que precisas para continuar.
Antes de nada gustaríame que souberas que aínda queda na sociedade certo resquemor a acudir, e tamén certas valoracións peculiares de algunha persoa que xuzga o feito de que outra acuda a terapia. Todo deriva do descoñecemento e o “oscurantismo” de tempos anteriores, por eso, se pese a todo ti xa fuche algunha vez ou estás pensando en facelo: NORABOA! Ah! e que sepas tamén que somos persoas do común, e que dentro da sesión non hai nada misterioro, nin máxico. Estamos para ofrecerche un espazo de liberdade, de conxugación contigo mesm@ e de coñecemento no que te imos acompañar sen lugar a crítica e sen xuízos de valor. Non sona tan mal ¿non?
De todos os xeitos, vou deixarvos uns matices por aquí para aquelas persoas máis escépticas, dubitativas, indecisas ou para calquera que esté lendo este artigo.
Vou comezar polas trece razóns máis coñecidas ou habituais:
- Crise persoal (cambio abrupto, esperado ou non, que fai notar a falta de recursos persoais, como un divorcio, separación, perda de amizades ou seres queridos permanentes ou temporais, cambios a nivel laboral ou de estudos, discusións continuadas…)
- Ambiente laboral pouco satisfactorio (sexa por falta de motivación persoal ou por calquera outra cuestión obxectiva ou subxectiva)
- Illamento social ou dificultade nas relacións (por falta de gana, ou por temor ante as mesmas ou por falta de xestión comunicativa)
- Sensación de inseguridade e falta de confianza (nun mesmo e nos demais, dúbidas de quen es ou das túas reaccións)
- Emocións con connotación negativa en dominancia (medo, ansiedade, tristeza, agotamento, falta de interese,…)
- Soidade (sexa ou non obxectiva, pero crea malestar a sensación experimentada)
- Recordos habituais de experiencias pasadas pouco ou nada agradables.
- Non finalizas os teus propósitos (non importa cal sexa a túa meta, porque a conduta impulsiva ou involuntaria é a dominante: adicións, ira, comida …)
- Pensamentos limitantes (catastrofistas ou non, invaden máis do 50% da mente, non os das parado e non che gusta experimentalos pero acompáñante seguido)
- Dificultade para entender as reaccións do teu/túa fillo/a ou para por límites sen sentirte culpable.
- Carga por coidado (es coidador/a princial dunha persoa dependente)
- Malestar físico (continuado e sen causa fisiolóxica aparente)
- Algunha patoloxía xa diagnoticada (que precises entender mellor ou volver a centrar para que non interfira tanto no día a día, ou ben algún proceso delicado a nivel de saúde que precises exteriorizar para reordenar)
En termos xerais, as persoas que deciden acudir a terapia é porque non se atopan ben no día a día, independentemente de que teñan clara ou non cal é a razón.
Pero debes saber que non sempre podes decidir ir a un/ha psicólog@ porque haxa algo que parece que non funciona correctamente; SI! tamén se pode ir como parte do BENESTAR!
Axudarémosche a coñecer máis e mellor as túas emocións e a saber canalizalas de xeito amable, a incorporar rutinas beneficiosas para o teu día a día, a conseguir unhas respostas asertivas, a aumentar a capacidade de comunicación para favorecer as relacións sociais óptimas, e sobre todo, a coñecerte en profundidade para coidarte e adicarte tempo sen sentir culpabilidade nin olvidarte desa persoa tan importante que es ti!!
Se queres adentrarte un pouco máis no teu propio ser, pide cita aquí.