A NON VOLTA Á NON NORMALIDADE

E vos?, ¿como estades levando esta estraña volta?

O ano 2020 puxo pata arriba ao mundo enteiro, iso é indudable! Dende a nosa falsa concepción de seguridade pensabamos que “o bicho” non chegaría nunca a Occidente e de repente vímonos confinados dándonos de bruces coa realidade, e con rapidez aprendimos a valorar cousas básicas da vida; volvimos a sair e, con certo temor, reubicámonos de novo cunhas rutinas un tanto cambiadas, pero con boa aceptación a levar sorrisos agochados; agora atopámonos outra vez inmersos nun aumento de casos, pero en Setembro! un mes no que da comezo case un novo ano: a grande maioría volta de vacacións, os colexios volven a activarse, @s universitari@s enfréntanse a un curso novo,…pero este hoxe, ahora,o Setembro,…¡é tan diferente! Hoxe, agora, retomamos o que nos bautizamos como “a non volta á non normalidade”, porque é que nos, ao igual que a gran maioría, estamos manexando a incerteza diaria na que parece que quedamos estancand@s nas mans dun virus que semella resultar complexo de combatir, e nos leva vantaxe; polo momento!

Pero,…a incerteza non é negativa en si mesma; pode axudarnos a aprender, a medrar a nivel persoal e a incluir nas nosas vidas ritmos máis saudables que poderán permanecer cando a Covid-19 xa non esté, porque pasará! ou cando menos, debilitarase, ¡iso seguro!

¿Que podemos facer entón para entender que nos está ocorrendo?

e

¿como podemos empregalo no noso beneficio?

Deixámosche algúns pequenos aspectos que quizá facilitarán ou mellorarán a túa vida:

  1. Rompe con medo ao medo: o medo en si mesmo non é contraprodutivo, pois axúdanos a manter un bo nivel de alerta, e, en consecuencia, a protexernos. Intenta non situarte ante un enemigo, e permítete sentilo, normalizalo e observar que non sexa limitante no teu día a día. Se descubres que o medo soportado está impedindo que realices parte da túa cotidianidade, entón consulta cunha psicóloga.
  2. Date tempo: Escoita a túa mente e o teu corpo sen deixarte levar polas indicacións dos demais e polo sentido da urxencia. Párate e continúa ao teu propio ritmo. Non tes que comezar a comer ben ou a facer deporte porque é Setembro, nin porque sexa Xaneiro,…faino cando sintas que é o teu momento.
  3. Organízate e persegue obxectivos plausibles: Moi relacionado co apartado anterior. En canto pares, e antes de retomar o camiño, organiza o teu plan diario, plantéxate obxectivos reais e perségueos un a un, a xeito de pequenos retos que che axuden a continuar o traxecto pero sen unha auto esixencia excesiva para evitar o agotamento inmediato. Se, por expemplo, un dos teus obxectivos é comer mellor, podes comezar por facer un menú semanal, ou por facer unha boa compra no súper, ou por asegurarte de ter un bo fondo de despensa para cando teñas que improvisar (porque terás que improvisar nalgún momento!) ou podes comezar por obxectivos máis pequenos como ” comer dúas pezas de de froita cada día” ou “cambiar as galletas do almorzo por pan integral”.
  4. Traballa no locus de control interno: ¿Cres que o que che sucede depende das túas decisións e pasos, ou consideras que hai algo ou alguén que inflúe no que ocorre na túa vida? Se pensas que ti decides libremente, ¡noraboa! Se, en cambio, percibes que o que sucede está condicionado polos demais e ti non podes facer nada, revisa as túas necesidades e toma as rendas; a motivación interna é moito máis estable e saudable, e permíteche asumir con maior responsabilidade e aceptación cada acontecemento vital. Volvendo ao exemplo de mellorar a túa alimentación, podemos reflexionar sobre as partes da miña alimentación que dependen de min, Se como fora do traballo, ¿escollo sitios con opcións saúdables no menú? ¿teño posibilidade de levar tupper e evitar comer no bar? Cando como na casa de outras persoas pode que non teña capacidade para escoller o menú, pero podo decidir por exemplo beber auga no canto de refrescos.
  5. Centra o foco dos teus pensamentos na realidade, alonxándote da catástrofe: A día de hoxe, e ante a realidade á que nos expoñemos, é doado deixarse levar pola tensión, o nerviosismo da incerteza e o non saber ata cando vamos seguir compartindo espazo con un “bicho” estraño; pero aínda nesta situación é posible dar forma á información que nos chega de xeito obxectivo e non alarmista ou tremendita. Le sobre outras épocas da historia na que, con menos avances, pasaron por momentos semellantes; escoita e atende so a datos de carácter oficial e de fontes contrastadas; mantén as normas de seguridade e hixiene recomendadas e/ou obrigatorias, e continúa adiante dende esa posición.
  6. Aproveita para coñecerte; escóitate e cóidate: Durante o confinamente, e pasados os primeiros días de auténtica novidade, quen máis e quen menos, a maioiría dos seres humanos decidimos realizar tarefas que reportaban benestar e que, quizá por falta de tempo ou incluso por descoñecemento do aportado, non eran tan habituais. Aprendemos recetas novas, dedicamos tempo á cociña, lemos, xogamos máis cos máis miúdos,…pero en canto retomamos as saídas ao exterior ou voltamos ao traballo, eses pequenos praceres rechearon de novo o caixón do olvido. Pode que agora os tempos estén máis axustados, pero vámosche confesar algo que é real na vida de todo o mundo: hai tempo a diario para o auto coidado; é máis, é necesario igual que inxerir nutrintes e hidratarnos! ¡Escoita cales son as túas necesidades e reserva un oco real no calendario diario para ti!
  7. Expresa as emocións: Temor, tristeza, inquietude, culpa, nerviosismo, angustia, irritabilidade, impotencia, preocupación, dificultade para durmir ou descansar, axitación, calma,…e ti,  ¿qué estás sentindo? Expresa as túas emocións, quizá non sempre podes poñerlles un nome, pero si describilas. ¡Adiante! non as gardes, elas queren sair, e ser consciente delas, aceptalas e compartilas axuda a que a súa función adaptativa sexa efectiva e non se queden enquistadas buscando outras formas de ver a luz. ¡Sorprenderache saber que o resto da humanidade comparte o teu mesmo sentimento! De todos os xeitos, non é necesario que as fagas públicas se non te sintes preparad@ ou non che apetece, pode abondar que as escribas ou as verbalices para ti mesm@! Se cando valores a intensidade ocasionada, cres que son desbordantes, ponte en contacto cunha psicóloga, é posible que che axude a unha maior comprensión e aceptación.
  8. Practica a asertividade e marca límites: En ocasións observo queixas na consulta ou no meu círculo máis cercano, sobre xente que non cumpre a normativa, que nos pon en risco ou o que é peor, xuzgan o exceso de recelo que temos ao resto dos “cumplidores”. Aproveita para manifestar o que ti consideras máis lóxico; respeta e escoita as razóns do demais (quizá te sorprendan gratamente!); establece límites e practica a priorización das túas ideas reflexionadas e comunicadas dende a asertividade (con confianza nelas e con respeto de cara ás diferentes)

E recorda, o contacto físico está aprazado, pero iso non é incompatible con seguir ofrecendo mostras de afecto e cariño, so necesitamos facer uso do resto de sentidos! Unha mirada, unha conversa, unha canción, unha mensaxe, unha chamada,…existen infinidade de formas de dicir o que sintes de xeitos incluso máis achegados, ¡próbaos!

Cóidate e coida o teu tempo; aprovéitao cun formato de calidade. Depende de ti!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *