A FORZA DE VONTADE NON EXISTE

img-7

E ti, que nos les, estarás preguntándote, ¿como que non existe a forza de vontade se é o que emprego cada día para facer todo “o que teño que facer”?

E parécenos unha pregunta tan interesante, que nos gustaría que a respondeses de forma sincera,…

¿cal é a razón pola que cada día decides levantarte?

Cada quen chegará a unha conclusión ben diferente, e algúns incluso non saberán moi ben definila, pero en calquera caso, esa reflexión fai centrarnos no interesante: as motivacións.

Seguro que agora xa te estás dando conta,… a forza de vontade non existe, porque non abonda para que consigamos nada, o que precisamos é ter motivos que nos empurren de cara a un obxectivo.Como seres humanos, os nosos recursos son limitados, non te deixes enganar! que sepas que ninguén pode manter ó longo das 24 horas a atención plena por exemplo, e non existe ninguén que teña unha enerxía ilimitada, pois non somos capaces de vivir sen durmir. Ademais, as nosas capacidades van variando tamén en función da contorna, é dicir, de quen nos rodea, da carga de traballo que temos en cada momento, etc.

Todos estes aspectos déixannos claro entón que cando nos propoñemos introducir un cambio de hábito, a forza de vontade non é a que manda, o que dirixe a nosa activación é unha mistura de motivación e ambiente, e este último media ademais na nosa percepción da realidade e de nos mesm@s. 

Tod@s tomamos decisións e comportámonos en consecuencia guiados pola nosa relación co medio que nos rodea e en función de como nos atopamos nese momento preciso. Cando pasa o tempo, e sobretodo se os resultados do acontecido non nos convencen, buscamos unha explicación que encaixe coa decisión tomada para darlle coherencia a algo que non semella tela, e así imos avanzando entre os intentos e as frustracións e culpándonos por non ter a “forza de vontade suficiente” para conseguir estar máis cómodos coas nosas vidas.

Se te plantexas comezar de novo a recorrer o camiño para chegar á meta dalgún cambio, aquí che deixamos algunha pista de como podes mellorar o proceso para que os resultados sexan diferentes esta vez:

  1. Analiza ás persoas que te rodean e as súas opinións para diferenciar se son motor ou freno na túa viaxe. Intenta que o teu círculo sexa de persoas que suman enerxía e non daquelas outras que sempre che supoñen trabas.
  2. Diseña unha contorna facilitadora lembrando que temos tendencia a realizar as accións más sinxelas e cómodas (se queres ir ao ximnasio cada mañá, deixa xa a mochila preparada, se non queres comer chocolate, non poñas a tableta preto do ordenador cando estás traballando…)
  3. Toma decisións que conleven recompensa non moi demorada (non aplaces a ganancia se iso implica sufrimento agora como ocurriu na famosa historia do rapaz boyscout que durmiu á intemperie so por non ter que recoller o saco de durmir ao día seguinte…)
  4. Plantexa intencións para ir implementando nun futuro de xeito progresivo (a próxima que me apeteza picar algo entre horas, tomarei un plátano e non unha chocolatina)
  5. Introduce pequenas limitacións que che axuden a mellorar o desfrute do momento sen que impliquen obrigas ou “deberías” porque as obrigas xeran incomodidade; usa a creatividade! (se queres desfrutar dunha comida con amizades, “olvídate” do movil no coche, ou lévao case batería e sen cargador, claro!)
  6. Comparte as túas ideas (con amizades, mentores, profesionais,…) para obter tamén as posibles críticas, e emprégaas no teu beneficio parándote a analizar posturas que quizá ti non vías e poden supoñer un erro no teu camiño que impida acada o éxito. ¿Hai algo que debas modificar?
  7. Rodéate de apoio! Como seres sociais que somos, variamos as nosas actuacións na presenza doutras, así que pode que unha opción que che sirva de utilidade é facer o percorrido acompañado (se queres sair a camiñar cada día, pois queda con outra persoa que tamén o faga,…)

E lembra que se permaneces na frustración tras varios intentos, nos podemos axudarche a indagar, recoñecer e observar os factores que están impedindo que avances.

¡SEMPRE É POSIBLE!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *