NON FACER NADA, É FACER MOITO.

¿Coñeces o termo NIKSEN

Aínda que hai xa varias acepcións segundo o autor que leas, eu aquí vou a presentarche a forma que para min é a máis práctica e sinxela de entendelo.

É unha palabra que ten orixe holandés e significa algo así como “a arte de non facer nada”, …así que con isto xa podería rematar o artigo, porque xa quedaría clara a importancia que ten o feito de pararnos de cando en vez.

Pero claro, este STOP non é doado de interpretar nin de levar a cabo; non se trata de tirarse no sofá sen máis, se a nosa mente se sinte culpable ou segue a tope de revolucións, non é útil. O concepto conleva que a acción adxunta xere calma e nos reporte benestar, é dicir, é un constructo moito máis complexo.

Este momento que o concepto NIKSEN intenta transmitir, implica non facer nada de xeito totalmente consciente; pararse, observarse no instante, no presente, sen dar cabida ás críticas e sen xuzgarse; significa aceptar a necesidade de darnos ese espazo para estar e sentir de xeito individual. 

¿Como comezamos a non facer nada?

Pode parecer tan doado, que nos atrevamos a pensar que realmente é algo que está instaurado nas nosas vidas diarias, pero se queres que o momento realmente sexa óptimo, coido que che poden servir os seguintes “tips” que che vou deixar aquí.

  • Escolle o momento. Estén atento a cales son os teus períodos máis e menos productivos en canto a nivel de atención e concentración e reserva aqueles nos que percibas maior cansancio para permitirte un descanso.
  • Crea o espazo. Busca un recuncho no que podas estar agusto contigo mesmo; un sillón, unha manta, un oco a carón da ventá, o coche, un banco dun parque ou paseo,…non importa o lugar, so importa que o que elixas che aporte calma.
  • Postura cómoda. Indaga nas posicións e atopa a postura máis cómoda para ti (sentado, deitado,…). Intenta que o corpo esté relaxado sen notar tensión muscular e preferiblemente cos ollos pechados para favorecer a autoconcentración.
  • Fora as distraccións. Busca un momento no que non haxa moito ruido, no que podas estar so, co móbil, a TV e outros dispositivos electrónicos silenciados, onde podas concentrarte e sobretodo que sintas comodidade e seguridade. Permite que sexa o cerebro de forma autónoma o que escolla os estímulos aos que quere atender.
  • Empeza so por cinco minutos. É posible que che semelle unha tarefa tan doada que de repente che apeteza non facer nada moito tempo, e xa che anticipo que é posible que non funcione.
  • Emprega o resto de sentidos. Fai uso do resto de sentidos que temos, deixando a un lado o visual, e explora o medio que te rodea a través do tacto, do ouvido, do olfacto,…
  • Respiración profunda e abdominal. Mantén unha respiración pausada e profunda (collendo e soltando o aire de forma consciente) e na medida que che sexa posible leva o aire ao abdome para favorecer a relaxación.
  • Expectativas realistas. Non pasa nada se as primeiras veces non es capaz de conseguir evadirte tanto como nun inicio cres; é cuestión de práctica. Pensa que estás coidándote, iso é suficiente.

En ocasións as primeiras paradas poden percibirse como contraprodutivas; en palabras de Erika Villavicencio “os monstros que se agochan co axetreo, co silencio fanse máis grandes”, pero o certo é que cando paramos de verdade, conseguimos que o cerebro volva a un estado de equilibrio necesario e ademáis, en contra do que podemos pensar de entrada, conseguimos que o nivel de creatividade aumente de xeito notable; o noso organismo está preparado para realizar actividades pracenteiras e poder liberarse do estrés, por iso é dende a inactividade á que intentamos guiar ao cerebro cando é máis capaz de desenvolver ideas orixinais e prepararse para crear solucións ante posibles problemas.

Tómao en serio, é importante:)

E ti…,

¿Cando foi a última vez que non fixeche nada?

Dalle unha volta e se che costa darte conta de cando tiveche destes momentos, non dubides en contactar comigo, buscaremos a maneira de incluilo na rutina diaria.

2 comentarios en “NON FACER NADA, É FACER MOITO.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *