Autodiálogo. ¿Cómo te comunicas contigo mesm@?

Dende que nacemos vamos creando unha imaxe de nos mesm@s que vai acompañada dunha linguaxe interna. Cando somos máis pequen@s, a mensaxe que nos damos é o que recibimos do exterior, da nosa xente achegada (pai, nai, irmáns, amig@s,…) e a miúdo facémolo de forma verbal case sen darnos conta. A medida que imos medrando, imos sendo capaces de crear unha idea acerca de nos máis independente, pero con influencia desas aportacións dos que nos rodean, e así conformamos un discurso acerca de quen e como somos, que se convirte na nosa mensaxe diaria.

Este discurso é o que se coñece como auto diálogo mental ou interno. Non é algo que fagamos con plena consciencia, pero transfórmase na guía da nosa relación co medio, e inflúe de xeito moi potente e directo en como actuamos e, ademais, en como (nos) sentimos.

¿Cómo se acomoda no noso interior?

Como che estaba explicando, a forma na que se instala o contido dese discurso depende de varios factores externos (o que os demais che transmiten dende a infancia), pero tamén de aspectos internos que van máis alá da autoimaxe creada, e que teñen que ver coa autoeficacia e as expectativas xeradas. A veces somos excesivamente autocomplacentes, en ocasións axustámonos á realidade e noutros momentos esixímonos por encima da lóxica que aplicariamos para outras persoas.

Intenta escoitarte un pouco e pensa,

¿Que mensaxe te envías?

Da medida na que o noso diálogo interno esté axustado dependerá gran parte do noso benestar diario.

É moi habitual conversar no despacho con persoas que case todo o tempo se falan (boicotean) cun discurso negativo, sen tacto, pasivo-agresivo ou frustrante. Esta forma de comunicación é un maltrato que xera a percepción de falta de habilidades e capacidades, de forma que nos cremos menos que os demáis, nos facemos pequen@s e, en moitas ocasións, implica que rematemos proxectando xustamente esa imaxe creada erróneamente.

¿Cómo podes mellorar o teu auto diálogo?

Hai varias formas de modificar e reaxustar a mensaxe interna; déixoche aquí algunhas pautas que poden axudarche un pouco:

  1. Localiza os teus pensamentos. Xa viche que é frecuente que o discurso esté agochado na nosa zona inconsciente, pero intenta darlle luz. Escóitate!
  2. Atribúelles un valor obxectivo. As mensaxes que te das axúdanche a seguir de forma proactiva ou paralízante e xéranche emocións negativas?
  3. Fai axustes onde sexa preciso. Trata de reconducir aquelas ideas que observases que teñen menos validez a nivel obxectivo. Podes incluso plasmar por escrito a opción máis axeitada para posteriormente ir integrándoa no teu día a día.

De todos modos, se cres ou descubres que a relación entre o teu discurso e a realidade non está equilibrada, por favor, contacta cun/ha profesional para que te acompañe e te guíe de cara ao camiño do autorespeto; é un aspecto moi importante e que a miúdo pasamos por alto.

Déixoche a reflexión clave para descubrir como se atopa a balanza.

Pensa na persoa máis importante na túa vida e repóndete honestamente. ¿Falaríaslle da mesma forma que te falas a ti mesm@?

En función da túa resposta poderás porte en marcha. Nunca aceptes como bo o medo a quererte, valorarte ou respetarte. Se cos demais te esforzas, ¿que razón hai para que contigo non?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *