Remata o 2020 e aínda que cada persoa fará unha valoración diferente, é moi posible que a maioría coincida en varios aspectos.
No plano psicolóxico foi un ano diferente. A pandemia irrompeu nas nosas vidas poñendo a proba as nosas fortalezas e ao final do ano o cómputo xeral terá un moito de ensinanza-aprendizaxe.
Está sendo unha etapa na que saen a flote cualidades tan eficientes como a solidaridade, a cooperación, a comunicación, o traballo en equipo,…aspectos que axudan ao benestar por esa necesidade humana de compartir e que colevan unha maior operatividade no día a día.
Démonos conta do resiliente que é o ser humano, é dicir, da capacidade que ten para adaptarse á adversidade, pero sobretodo, da habilidade que ten para poñer en marcha mecanismos e estratexias que devolvan á calma, porque é imposible manterse axitado 24*7*366.
Aínda que foi dun xeito drástico e invasivo, fomos experimentando a importancia de baixarnos do tren apresurado que resulta a vida, tomar consciencia, ser observadores da realidade e poder estar presentes para aquelas cuestións que non asumimos como prioritarias, é dicir, as pequenas cousas.
A miúdo deixabamos de lado o cotiá para manternos activ@s de cara ao futuro; con plans continuados, ritmos pouco sensatos, con demasiada atención ao paso do tempo,…e moi pouco centrados no presente, no agora.
Cando nos indicaron que o mellor era quedarse na casa, a sensación que apremiaba era a de falta de liberdade e a veces costou o adaptarse á nova normalidade, pero o certo é que, en maior ou menor medida, o 2020 deixounos interesantes pegadas…
- A importancia de pararse e tomar consciencia. O feito de ser observadores permitiunos apreciar o que nos rodea. Coidarse pasa por apreciar as pequenas cousas que nos ofrece cada día para desfrutalas no presente e non so desexalas de cara ao futuro; non deixes que escape o tempo,…¡fai do cotiá o extraordinario!
- Aumentar a autoexploración. Tivemos tempo para viaxar ao mundo interior, xerar un maior autocoñecemento e, en consecuencia, aceptar e atender as nosas necesidades sen que nos resulten extrañas.
- A creación dun espazo seguro. Non me refiro á seguridade do fogar (que tamén); vou más alá…Este 2020 deunos a oportunidade de acadar conexión, estabilidade, calma, benestar e liberdade en/con nos mesm@s. Non sei se te deche conta, pero ¡o teu espazo seguro es ti! ¡Cre e creao!
- Vencer o medo a soedade. Aínda que para algunas persoas foi difícil permanecer tanto tempo en solitario, no 2020 aprendemos que, a cachos, liberarse da presión que exerce o medio tamén é sanador e que a soedade non é sempre unha inimiga, se non que se pode ser secretamente feliz portexid@ por un/unha mesm@ e creando as nosas propias murallas.
- Xerar fortes alianzas. Un equilibrio axeitado entre cultivar o teu interior e cuestionar a túa relación co mundo exterior. Frear o ritmo frenético do día a día permitiu que o foco atencional varíe e que a balanza se axuste sanamente. ¿Está na túa vida so quen ten que estar?
¿Déchete conta?
O único que estou transmitindo todo o tempo é que o 2020 puxo en valor o potencial do autocoidado.
O 2020 permitiu que observemos a nosa vida e nos demos conta de que non é o que pasa mentres estamos fora da casa; a nosa vida é observarnos, coidarnos, mimarnos,…o resto é unha imposición social que asumimos como elección persoal.
O 2020 permitiu que sexamos flexibles e nos demos conta da importancia de desfrutar o camiño e non so acadar o destino.
Non hai excusas nin culpables, está na túa man, continúa sendo parte activa; non deixes de verte e ¡cóidate!