A semana pasada escribía sobre o poder de redirixir a atención para poder calmar o corpo e a mente e mencionaba tamén que, a veces, a tendencia que prima e leva as rendas é a dos pensamentos negativos.
Cando nos atopamos nesta situación, é complexo en ocasións realizar unha meditación porque hai unha forza (interna!) que parece levarnos vantaxe e que costa manexar e é que é evidente que non é tarefa sinxela acadar o dominio da atención, especialmente cando o facemos de maneira imposta. Seguro que algunha vez tod@s intentastes non pensar en algo que vos xera unha resposta de ansiedade, e en lugar de conseguilo, ese pensamento acompañouvos de forma máis notable, ¿verdade?; xustamente estades poñendo o foco na idea equivocada, dalgunha maneira o que estades é potenciando o poder dese pensamento.
Os pensamentos negativos aparecen de xeito espontáneo e xeran unha emoción desagradable asociada; créase así unha alerta e aínda que a veces non se identifica exactamente de onde nace o que si vos aseguro é que non vai cambiar de forma tan automática como chega, é preciso realizar unha observación e unha modificación.
Xeralmene amosamos tendencia á rixidez en canto a patróns mentais porque funcionamos en base ao que temos aprendido; todas as conceptualizacións que de forma inconsciente asumimos cando somos menores, condicionan a nosa vida adulta a diario.
O feito de darse conta de que algo non está sendo beneficioso para nos é o primeiro paso para conseguir avanzar, pero a continuación temos que proseguir na búsqueda e ser flexibles aceptando que non sempre as nosas crenzas son as más acertadas e por suposto, non son as únicas que teñen cabida ou utilidade.
Para abandonar a rixidez mental tan habitual precisamos realizar unha análise das nosas ideas para levalas ao extremo incluso da irrealidade e xerar a dúbida entonces respecto á idea que nos está aflixindo.
Diariamente os profesionais nos atopamos ante esto co seguinte plantexamento: “eu podería pensar doutra forma como me pides, pero non mo creo”, ” se estiveras nesta situación, verías que non hai solución posible”, “esta estratexia a min non me funciona, porque non sinto eso que me dis que pense”,…
Aínda que non o creades, nos tamén temos e tivemos pensamentos rumiativos ou negativos que nos molestan, e claro que entendemos que é tremendamente complexo asumir espontáneamente que outra idea xerada de forma voluntaria e en versión positiva é que a vamos terminar validando, porque os pensamentos negativos teñen un alto potencial e unha enorme capacidade para parecer reais; como todo parece encaixar con eles é lóxico que inicialmente o teu razonamento sexa “non me servirá de nada”, pero nese momento, e se estades abertos ao cambio porque xa identificastes que algo non vai ben, entón estades no camiño, e a dúbida está construíndose dentro de vos. Pode que identifiquedes que o facedes de xeito obrigado e incluso ao comezo é posible que así teña que ser, pero veredes de forma progresiva como podedes ir desaprendendo as leccións anteriores e renovando o contido de forma productiva.
Se nos paramos un momento seguro que somos conscientes de que pensamentos deste estilo xa nos acompañaron en ocasións anteriores, e finalmente voltamos sorrir sen eles antes de que outros novos interrumpisen, ¿verdade?
¿Qué podemos facer entón?
A idea principal deste post era aportarvos algunhas estratexias para que poñades en práctica cando vos atopedes atrapad@s polas ideas que xurden na mente e que se quedan a vivir:
- Capta o momento, non xuzgues: A nosa tendencia natural é, a miúdo, analizar e distraernos facendo conxecturas sobre pasado e/ou futuro; como escapa ao noso dominio xera malestar, asique proba a observar o que ocorre ao teu arredor neste instante sen xuzgar, so escoita e acepta.
- Empápate das percepcións: Os nosos sentidos captan diariamente miles de estímulos así que está na túa man concederlles espazo nun primeiro plano ou ben presentar ante ti de forma buscada aqueles que sabes que che gustan de maneira especial: olores, música, sabores, visualizacións, recordos, mirarte ao espello, sonrisa, baño, autodiálogo agradable,…¡cambia a asociación emocional!
- Sé flexible: ¡Non sobrecargues ao sistema! non te esixas ser productivo ao 100% todo o tempo e acepta como algo sano e natural o feito de que a túa mente viaxe de vez en cando, incluso de cara a camiños non moi agradables. Recorda que as emocións son adaptativas (aínda que non sempre vexamos a súa función) non é preciso que lles temas.
- Planing diario: Organiza o teu tempo (semanal ou diariamente) e plantéxate obxectivos axeitados. É importante que sepas qué accións vas a completar para que a carga mental que implica organizarse non supoña un extra e favorecer así a claridade. Que non te pare o pensamento, inclúeo no teu día.
- Pensamento alternativo: Elabora un pensamento alternativo, é dicir, unha opción diferente e non so un constructo contrario respecto ao pensamento rumiativo, emprega a creatividade. Da igual que non o creas ou que pareza inalcanzable. Se precisas recordalo lévao no teu bolso ou carteira.
- Xera a dúbida: Busca argumentos para defender o novo pensamento e xerar dúbida respeto do rumiativo que che fai dano, así promoverás o cambio en ti mesm@.
Por último vou deixarvos outra forma de practica a atención en momentos de angustia polas ideas rumiativas, que aínda que sona a veces contraproducente ao noso cerebro funciónalle moi moi ben para liberarse.
- Tempo do pensamento: Ofrécelle un espazo e un tempo específicos ao teu malestar. Escolle uns 15 ou 20 minutos diarios para incluír no teu plan de forma que ese ratiño so podes prestar atención á preocupación principal que te acompaña; de forma voluntaria trae esas ideas á túa mente e traballa con ela, verás cómo progresivamente a interferencia que provocaba vai desaparecendo.
Confío en que vos sirva de apoio, pero lembra que cada unha das estratexias que vos comparto non son excluíntes nin suplen o proceso psicolóxico específico para cada persoa; se cres que precisas axuda, contacta sen compromiso e valorámolo xunt@s.