¡EMOCIÓNATE!

¿Daste permiso para emocionarte? ¿Identificas as túas emocións? ¿Cres que é posible comunicar sen emoción?

No post anterior comentábache que a comunicación é a maxia que facilita o entendemento e, case ao final, facíache un guiño para que observases as túas emocións, ¿lembras?

E é que non se pode comunicar sen ter en conta a EMOCIÓN que subxace.

Tod@s sentimos emocións, aínda que non tod@s as identificamos da mesma forma.

Existen emocións primarias e secundarias; as emocións primarias son as máis básicas e instintivas; son de carácter innato e as que, normalmente, identificamos de xeito máis sinxela: ledicia, sorpresa, tristeza, medo, asco e ira.

As emocións secundarias teñen unha connotación de aprendizaxe e nelas inflúe o ambiente. Son un pouco máis complexas e por eso se fai máis difícil recoñelas. Estou falando da culpa, a envidia, a vergoña, o interés, os celos, o pracer, o orgullo, etc.

Este segundo tipo de emocións son a combinación das emocións primarias, pero non sempre nos damos conta deso y por iso nos resulta máis complexo descubrir de onde proveñen e para que se presentan.

As emocións xurden como reacción do noso organismo ante un estímulo externo ou interno. O noso foco atencional de forma automática actívase e comezamos a sentir. Podemos facelo de tres xeitos diferentes:

  • Nivel cognitivo: pensamentos. 
  • Nivel fisiolóxico: reacción física.
  • Nivel motor: conduta, expresión.

A menudo escoitamos falar das emocións en termos negativos ou positivos, como se existisen as emocións boas e/ou malas, e nada máis lonxe da realidade.

As emocións son funcionais. Todas.

Se as emocións son a reacción a un estímulo, é sinxelo darse conta de que, aínda que a veces as percibimos como incómodas, son moi útiles e necesarias. Protéxennos, axúdannos e fannos despertar a alerta.

Son vitais, pero é imprescindible saber identificalas correctamente para poder analizar que mensaxes nos intentan mandar.

Cando estamos content@s e sonreimos, en poucas ocasións nos fan dubidar de se será correcto o mostrala ou sentila, pero cando sentimos algunha outra con percepción máis desagradable, como tristeza ou enfado, tratamos de ocultalas, evitalas, etc…e fannos dano tratando de loitar na súa contra.

¡Non te enganes, sempre ganan! e é importante que o fagan.

As emocións facilitan a adaptación social e, sobre todo, a regulación persoal.

Coméntoche un exemplo: cando te sintes triste, pode que haxa algún acontecemento que che doe, pero tamén é posible que estés agotad@ e a tristeza estate avisando de que necesitas parar xa.

¿Daste conta da importancia? ¿es consciente do que pode ocurrir se non as atendes ou as entendes?

Se percibes que che resulta complexo lidiar con elas, os profesionais da psicoloxía podemos axudarche a canalizalas e facer unha lectura axeitada.

Emociónate

Ese sería un dos mellores “consellos” que che podería dar como profesional e como persoa.

E se despois de lerme cres que me precisas non dubides en contactar. Estarei encantada de axudarche.

Un comentario en “¡EMOCIÓNATE!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *