“DESCONTRÓLATE” (Emocionalmente)

img-7

Nos últimos meses acompaño a varias persoas que me transmiten que non saben manexar as súas emocións; a maioría son mulleres… 🙁

Cando comezamos a analizar porqué valora eso, en moitísimas ocasións acontece que esa é a visión que lles dan dende fora e que así foron aprendendo.

Históricamente, o tema da regulación emocional non foi moi prioritaria, e aínda que na actualidade, trata de terse máis en conta, aínda quedan moitos cabos soltos.

As emocións son moi variadas e clasifícanse en positivas e negativas en función de como nos fan sentir; se son máis ou menos pracenteiras, pero todas igualmente imprescindibles.

¿Implica “control” emocional, estar sempre perfectamente “estable” e na mesma liña?

¡Non! 🙁

Regulación emocional é poder recoñecer e transitar polas emocións, sexan cales sexan, e permitirse expresalas de xeito natural.

Ocultar as emocións non significa maior manexo. Agochar o que sentimos (conscientes ou non) mantendo unha liña recta todo o tempo trae riscos de dor interno e dificultade para a identificación do que acontece ahí e poden xurdir consecuencias variadas (somatización, déficit para o desfrute,…)

Estou dicindo entón que ¿están xustificadas todas as reaccións explosivas, violentas, extensas, hiperexpresadas,…?

¡Claro que non!

Hai situacións específicas nas que se percibe un desregulación emocional que pode ter debaixo algunha causa máis concreta (trastornos con nome e apelidos) nos que si se precisa unha aprendizaxe e dominio.

Por norma xeral, a maior parte das veces que nos din que non sabemos regularnos, van as mensaxes dirixidas a mulleres e provén dunha educación arcaica (machista?) que nada ten que ver co “descontrol”.

¿Porqué se admite mellor a expresión da alegría?

En infinidade de ocasións semella que amosar enfado ou tristeza (entre outras) te fai débil e con falta de “control”. Coa valentía que implica emocionarse libremente!

Lembra que está permitido chorar, rir, enfadarse, estar triste,…

Deixar que se note non xustifica que sexas “inestable emocional“.

Lembra que está permitido sentir.

As emocións son funcionais. As emocións son necesarias.

¡Vive, v´íveas! 🙂

Un comentario en ““DESCONTRÓLATE” (Emocionalmente)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *