Hoxe en día están “de moda” as mensaxes de positivismo que implican unha gran presión en nos mesm@s.
Non sempre que queres podes. Oxalá fose tan doado!
Existe unha frase que considero especialmente lapidaria: “se ti non te queres, quen te vai querer”. Representa so unha esixencia máis da sociedade.
Non te deixes asustar, e intenta ver as cousas dende unha perspectiva máis obxectiva.
Seguro que tes xente arredor que, polo menos nalgún momento, dubidou de si mesma ou estivo cun autoconcepto un tanto equivocado, e se era importante para ti, seguiche ao seu lado igualmente recordándolle quen era, ¿verdade?
Pois á inversa pasa o mesmo. Que ti non podas ver que te mereces ser querid@, non é incompatible con que a xente si o vexa e si te queira. Incluso sen razóns “especiais”.
É importante manexar un autoconcepto equilibrado, e eso conséguese con autocoñecemento.
Hai ocasións que o noso estado de ánimo ou a situación que nos rodea nos fai complexo que o consigamos, pero nunca eso vai da man de que os demáis vaian a deixar de vernos, nin tampouco é a excusa para que os demáis non nos respeten ou o aceptemos como natural.
É certo que, en contextos espec´íficos, que pases máis desapercibid@ ou mostres certos medos, quizá te limita momentáneamente, pero de novo, esto tampouco é incompatible con que te queiran. Quizá si con que ti o percibas! 🙁
- Non é saudable facerse dano autoimpoñéndose o estar ben, o verse ben, o sentirse estupend@ todo o tempo para que os demáis nos podan visualizar igual e facilitarlles por tanto o achegamento e o amor.
- É saudable mostrarse puramente, como che nazca internamente…explorando quen es. Canto máis te coñezas, máis facilidade terás para estar en calma contigo, pero…
Meréceste ser querid@ sempre.
Sempre hai alguén que te quere e/ou a quen lle importas.
Si, incluso cando a ti che está costando!