O PODER DE (ESTE) ABRAZO

img-7

Fai uns días, en consulta, tiven sesión cunha adolescente á que acompaño dende fai meses…

Cando chegou acompañada da súa nai, dinme conta que sería unha abordaxe delicada porque non quería compartir nada…

Había moitos factores det´ras, pero sobretodo moita inseguridade e moita incapacidade para poder expresar o que sentía…

Nesa primeira sesión, aínda que a miña idea era outra, foi a súa nai a única que se dirixiu a min para poder entender parte do que lle(s) acontecía.

A adolescente mirábame, eu a ela, e aínda que nun par de ocasións dixo algo con voz suave, era a nai a que explicaba ampliamente a súa visión.

Ese día non tivemos tempo a soas, porque ela escolleu que a nai estivese presente.

A mediados da segunda sesión quedamos as dúas soas, e non foi a sesión máis locuaz, pero creo que no silencio e no meu discurso algo se iba forxando.

Na terceira sesión estivemos as dúas soas todo o tempo e ademáis introducimos o xogo.

A adolescente era prudente e temerosa, pero eu cría intuir por onde podía ir a cousa, …e, efectivamente, debaixo había moita dor, un apego moi inseguro, e unha mochila de corta pero intensa vida.

Xogando (bendito poder do xogo!) e sen insistencia, deixando que as preguntas fosen mutuas e as historias contadas as escollidas sen presión…tivemos a oportunidade de coñecernos…

Pasaron as sesións e incluso deixou agochado o medo atroz a un novo país e unha nova cidade e comezou a vir soa, cun sorriso incrible que se atisbaba na súa mirada detrás da máscara.

Recordo o día no que, en medio do xogo, me dixo: gústame estar aquí porque sabes escoitar e comprender

Ela tamén sabe facelo, pero sempre dende a perspectiva de renuncia a si mesma e eso non é nada xusto.

Ninguén lle ensinou que hai outra forma.

Ningúen lle ensinou que pode estar para os demáis ao tempo que para ela e que sentirse empoderada tamén implica terse en conta.

Vina medrar e confiar…aprendemos xuntas tantas cousas…

Vina ir sacando o valor interior e fai pouquiño fixemos o que case podería chamarse unha sesión de alta.

Aínda que a nosa confianza foi aumentando moitísimo en todo este tempo, non me esperaba o agasallo que me fixo; na despedida, de forma impulsiva, abrazoume 🙂

Oxalá fose posible, escribindo, transmitirvos todo o que sentín nese abrazo.

Díxome tantas cousas sen necesidade de palabras…

Non sempre son precisas. Hai moitos xeitos de comunicar.

Practica o abrazo.

Abraza. Abrázate!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *