Sinceridade, empatía e sincericidio…

Empatía= capacidade cognitiva de percibir, nun contexto común, o que o outro individuo pode sentir…non significa so poñerse no lugar doutro; implica un conxunto de escoita activa, comprensión (incluido das mensaxes non verbais) e apoio emocional.
É a habilidade de captar os estados afectivos dos demáis, para ter perspectiva respecto do outro e poder observar a situación de xeito obxectivo.

Sinceridade= non implica dicir todo o que pensas, é, máis ben, non dicir nunca o contrario do que se pensa.

Da mistura de ámbolos dous termos, sempre que se leven a cabo de mal xeito, xorde o SINCERICIDIO= conduta pola que algúen, créndose honesto e valente, amosa a súa sinceridade ante os demáis, sen filtro de ningún tipo, cando quizá os outros non lle pediron opinión.
Este comportamento conleva conflito co entorno, porque se achega máis a unha falta de respeto que á coñecida como boa educación e axuda ó outro.

Entón, como reflexión, e tendo en conta o anterior:

Ser sincero non sempre é unha virtude; a educación e o respeto deben ir por diante, porque estás opinando sobre os demáis…
Ser sincero conxúgase coa EMPATÍA (non poden ir separados) xa que implican o feito de ser cautos, para non facer dano, e dicir as cousas de xeito atinado.
Ser sincero (e quizá maleducado) é cómodo e déixate tranquil@, pero se non es capaz de entender ó interlocutor ou ointe, entón, mellor permanece calado…o dano pode ser irreparable, e ti non es ninguén para facer iso con esa calma e inconsciencia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *