O que fago
Psicoterapia presencial e/ou online, dá igual a túa idade; podes contar comigo tanto se es adult@, maior ou miúdo!
Psicoloxía
- Terapia individual ou grupal.
- Ansiedade.
- Medos.
- Obsesións.
- Tristeza.
- Terapia de parella.
- Adicións (sustancias/xogo).
- Trastornos de alimentación.
- Outros trastornos.
- Regulación de autoestima, autoconcepto e autocoñecemento.
- Desenvolvemento e crecemento persoal.
- Xestión do estrés.
- Orientación profesional.
- Técnicas de estudo.
- Xestión do tempo.
- Intelixencia emocional.
Neuropsicoloxía
- Valoración do deterioro cognitivo.
- Orientación diagnóstica.
- Dano cerebral adquirido.
- Atención en enfermidades neurodexenerativas.
- Orientación a familias de afectados por trastornos neurodexenerativos.
- Estratexias de afrontamento ante trastornos condutuais derivados de déficits neurocognitivos.
Psicoeducación
- Transferencia de información.
- Descarga emocional.
- Habilidades socias (HH.SS)
- Reaprendizaxe
- Conduta, comportamento e habilidades para o cambio.
- Comunicación e asertividade.
Na maioría das ocasións plantéxolles, nalgún momento, ás persoas que veñen a verme o seguinte:
Quen, ou que, é o máis importante na túa vida?
Responde sen pensar moito, déixate levar polo impulso!
E ti, que contestache?… Se a resposta non foi “EU”, chegou o momento de que te priorices! non esperes máis para chamarme!
Sobre min
quen son
Ola!
Son Tania e, para que me coñezas un pouco máis, vou contarche algo sobre min.
A miña vocación como psicóloga remóntase a hai varios anos e chega a converterse en realidade, primeiramente, polas miñas ansias de aprender xeitos de facer que me permitisen xestionar mellor as emocións que me embargan a diario e que son o centro das nosas relacións cos demais en calquera eido da vida, e, posteriormente, para ser capaz de servir de medio de transmisión das mesmas de cara á xente que as precise. Iso faime, ser e estar, feliz.
Todas e todos, con máis ou menos capacidade de expresalo e/ou recoñecelo, enfrontámonos a momentos nos que nos invaden dúbidas, tensións, culpas, temores, pensamentos,…ou nos que, sinxelamente, nos costa erguernos cada mañá ou conciliar o sono pola noite sen motivación aparente.
Se é así, pensa en vir a coñecerme, pois creo que xunt@s poderemos facer algo interesante para que o teu ritmo de sentir mude.
De tódolos xeitos, gustaríame que souberas que, ir a terapia, non implica directamente estar viaxando por un mar con ondada intensa nin por un ceo con ventos afuracanados, quizais só che apeteza coidarte, adicarte un tempo e coñecerte de verdade para sacar máis e mellor rendemento ó teu camiño.
Se este é o teu caso, contáctame sen compromiso e, en conxunto, seguiremos aprendendo e valoraremos o emprego de novas e/ou diferentes estratexias.


A MIÑA FORMACIÓN
Son especialista en psicoxeriatría e rehabilitación cognitiva centrando o meu labor actual na terapia individual e/ou grupal dirixidas a adultos e poboación infantil e combinando a mesma coa psicoeducación, pois considero de relevancia o estreito vínculo que existe entre ámbalas especialidades.
- Licenciada en psicoloxía clínica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC)
- Acreditación como psicóloga xeral sanitaria
- Máster de educación na Universidade Isabel I Burgos
- Especialista en neuropsicoloxía de enfermidades neurodexenerativas
-
Formadora profesional (Universidade Camilo José Cela)
- Experta en primeiros auxilios psicolóxicos (PAP) pola Universidade Autónoma de Barcelona
O gran descubrimento da miña xeración é que os seres humanos poden alterar as súas vidas ó alterar as súas actitudes mentais.

A palabra felicidade perdería o seu sentido se non se equilibrase coa tristeza.

Son o tolo que cre que a risa o cura todo.

Sopoño que é tentador tratar todo como se fose un clavo, se a única ferramenta que tes é un martelo.


COMO TRABALLO
Tomar a decisión de acudir a un psicólogo é un paso complexo, tanto é así, que se ti estás lendo isto para valorar a opción, xa só por iso te felicito! dáme indicacións de que es valente
O meu labor principal é tratar de conseguir que comprendas as túas emocións, que sexas quen de calmalas e que podamos traballar con elas. Durante todo o proceso eu estarei ó teu lado, tanto nas citas pactadas como a través de atención telefónica “intercitas” se ti o precisas.
No eido da psicoloxía, o meu xeito de facer é ecléctico; non creo que tódalas correntes nin estratexias se axeiten a tódalas persoas, e por esa razón, tratarei de entender que precisas e dende esa base integrar as diversas técnicas terapéuticas para poder acadar, coa túa colaboración,bos resultados.
últimos posts
REALMENTE, ¿ESTÁS ENFADAD@?
Enfadarse…algo tan habitual e tan pouco entendido cando o fai a persoa que temos de fronte. ¿É malo enfadarse? ¡Non! O enfado é unha emoción e como tal ten unha importante función. Neste caso, a de protexernos do que pode facernos mal. Estar enfadad@s fai posible descargar e liberar unha parte emocional que pesa e […]
¡EMOCIÓNATE!
¿Daste permiso para emocionarte? ¿Identificas as túas emocións? ¿Cres que é posible comunicar sen emoción? No post anterior comentábache que a comunicación é a maxia que facilita o entendemento e, case ao final, facíache un guiño para que observases as túas emocións, ¿lembras? E é que non se pode comunicar sen ter en conta a […]
TI, ¿TAMÉN ES MENTALISTA?
A trampa de dar por suposto Funcionamos tan en piloto automático que en moitas ocasións deixamos de lado algo tan básico como é comunicar. Cando queremos algo dos demáis que nos sentaría ben (e da igual o que sexa: unha caricia, un abrazo, maior atención ou apoio, unha mirada, unha contestación, axuda nun traballo ou […]
CONTACTA
Se o prefires tamén te podes poñer en contacto a través dos seguintes métodos:
- 647478639
- contactar@aloumiñospsicoloxia.es
- C/ Rey Abdullah 10, Baixo, A Coruña