PORQUÉ NON IR AO PSICÓLOG@

img-7

Os profesionais deste campo enchemos liñas explicando de forma habitual razóns polas que sería interesante que as persoas se animasen a visitar ao psicólog@, (eu mesma o fixen fai un tempo!) pero en realidade a min, agora, apetéceme poñervos en preaviso para que non vaiades!

Si, si, liche ben! continúa con atención o artigo e,…non vaias a unha sesión con un/unha psicólog@ por todo o que segue:

  1. Porque che van ler a mente: @s psicólog@s encántalles ir pola rúa lendo a mente de cada persoa coa que se cruzan, asi que imaxínate a facilidade que terán para facelo se estás ti so/a no despacho! non poderás ter privacidade!
  2. Porque vas arruinarte: Son profesionais que se forman continuamente para adiviñar a forma máis perspicaz para que gastes todos os teus aforros na súa consulta!
  3. Porque te van contaxiar a loucura…o/a psicólog@ estará tol@: As persoas que estudian psicoloxía é porque “non están moi ben e precisan arreglarse”. Coidado! é contaxioso, e non te salvará nin a máscara.
  4. Porque é como unha secta e pegarache “esas crenzas”: Xeralmente os profesionais desta rama non se relacionan con xente doutas ideas, e intentan que ti entres e permanezas no seu círculo sen poder ser autónomo e seguindo tan so as pautas que che indica sesión a sesión.
  5. Porque non che dará o tempo para iso: Acudir aun profesional da psicoloxía implica renunciar ao teu día a día, aos teus gustos ou momentos de descanso; se comezas a ir terás que adicar cada un deses instantes a sesións e tarefas derivadas das mesmas.
  6. Porque se alguén se entera de que vas, “que vergoña”: A xente que acude a terapia vive como ermitaña no bosque e non está integrada na sociedad, e claro, imaxínate que as persoas achegadas descubren que a ti che apetece ir! seras un/ha del@s!
  7. Porque adiviñará toda a túa vida a través dos sonos: De feito será o tema principal de cada sesión,…falaredes dos sonos teus, e faredes inferencias a través deles.
  8. Porque decidirá por ti: A partir da primeira sesión, e en función do sono que lle contes, vai encher a túa vida de directrices a cumplir! para iso está, debe dirixir a túa vida.
  9. Porque fará que perdas parellas, traballos ou amizades: Como ti xa non serás director/a da túa vida, pois terás que aceptar as decisións que se che impoñan. É @ profesional quen sabe o que che convén!
  10. Porque ti podes “sair desto” soiñ@: Estar mal é algo lóxico, non precisarás apoio, ti podes, é cuestión de esperar a que pase o tempo.
  11. Porque non estás tan mal si hai algún día bo tamén: Quizá non estás mal o 100% do tempo, algún pequeno momento hai bo, e eso xa significa que non necesitas ir! todo o meundo está así de forma xeral. A felicidade non é tan habitual.
  12. Porque xa che serve falar con amizades: Directamente relacionado co anterior, se a pesar da medicación, algún día che apetece falar do que ocorre, con que te escoite algunha persoa de confianza, é suficiente!
  13. Porque non hai solución para o teu: Claro! salvo excepcións, é imposible sair do bucle de malestar, así que para que intentalo,…é mellor aceptalo!
  14. Porque xa probache e non funciona: Evidentemente!, se aínda con todas as razóns que hai para non ir, fuche e non che funcionou…¿Como vas volver? Tampouco irías de novo a ningún dentista se che volve doer unha moa xa empastada! So che queda aguantar!

.

.

.

¿Que che pareceron os 14 motivos? ¿Cres que de repente me está pasando algo que trastoca a miña capacidade de razonamento lóxico? ¿Paréceche que me estou pasando de graciosa?

Se é así, NORABOA! pois ti valoras realmente a necesidade que podemos ter tod@s algunha vez de solicitar apoio psicolóxico para mellorar o noso benestar. Evidentemente as miñas razóns eran en ton de ironía, pero resumen á perfección infinidade de comentarios e “excusas” que os meus colegas de profesión e eu escoitamos en reiteradas ocasións por boca de persoas que non teñen claro o que ocorre dentro da consulta, ou non coñecen para qué pode servir.

Un bo profesional sempre respetará os teus ritmos propios, non te obrigará a dicir ou falar de nada do que ti non queiras,e nunca tomará decisións por ti.

Non teñas medo, somos xente do máis común, cos nosos días mellores e peores, como todo o mundo, pero que sentimos paixón polo noso traballo e que estamos motivados ao 100% para acompañarte no teu crecemento persoal e intentar que as túas decisións futuras fagan do teu día a día unha vida mellor.

Grazas por lerme, e, por certo! se tes máis argumentos “en contra” (hai moitísimos), por favor, compárteos! Léote!;)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *