Case tod@s coñecemos a alguén achegado que ten unha discapacidade e que precisa axuda ou supervisión para o desempeño das actividades básicas da vida diaria; por esa razón xeran sentimentos de frustración que conducen a unha loita constante e devastadora contra si mesm@s e contra os/as que lles axudamos nas súas tarefas.
Os factores que inflúen nas reaccións observadas son moi variados: nivel de autoesixencia, conciencia de déficit, estado de ánimo,…pero en todos os casos o contaxio a nivel emocional é do máis habitual. A persoa que coida convírtese nunha fonte da que emanan o reproche e a culpa, e ahí é onde nace o círculo vicioso de tensión constante e gran malestar.
O 2020 reduciu as vías de escape máis comúns e a convivencia nesas situacións delicadas puxo en xaque a harmonía dos fogares.
Non sentirse s@ é importante para tod@s, e para as persoas que coidan, do mesmo xeito que para as que son coidadas, é fundamental. Non pasa nada por sentir emocións contradictorias, o importante é ser capaz de observalas, compartilas e aprender a comprendelas.
Sempre se di que “coidar de quen queres pasa por coidar dun mesm@” e é que un mesm@ é a persoa que máis deberíamos querer, aínda que por moitas razóns, é frecuente atoparse con olvidos neste aspecto.
Coidarse implica “preocuparse (unha persoa) polo seu propio benestar, especialmente pola súa saúde” (rae), e é o termo saúde o máis relevante, pois engloba, tal e como nos indica a OMS, “un estado de completo benestar físico, mental e social e non so ausencia de afeccións ou enfermidades”
En aras de conseguir esa saúde, Eva Otero neurofisioterapeuta e eu unímonos para poder ofrecervos o coidado global da persoa coidadora a través de información, asesoramento e intervención directa en todo o que implican as diferentes patoloxías, o seu manexo e a carga física e mental que supón o enfrentarse ás mesmas.
Levamos varios anos traballando por e para as persoas, e o noso obxectivo foi e continúa sendo, mellorar a calidade de vida de cada unha delas aportando estratexias, mellorando habilidades e poñendo o foco nese conxunto de aspectos que compoñen o benestar.
Neste proxecto conxunto querémosvos ofrecer un espazo onde as persoas coidadoras podan compartir as súas experiencias, resolver dúbidas ou coñecer recursos sempre acompañadas dun perfil profesional e formando así un bo equipo!
¿Cómo vamos facelo?
A nosa proposta implica sesións presenciais grupais baseadas nos “RECURSOS DO COIDADO” nas que se irán abordando diferentes temáticas, distribuidas por patoloxías específicas ou ben en pistas e ideas para enfrentarse de forma máis saudable aos diversos comportamentos derivados; coñeceredes aspectos de hixiene postural, descarga emocional,…todo buscando facilitar a vosa labor.
Polas circunstancias sanitarias actuais, a proposta grupal non debe activarse, pero en canto podamos facelo, avisarémosvos!!
Polo momento atendémosvos de xeito individual, e tamén crearemos grupos de traballo online!
¿Que che pareceu? ¿Anímaste a compartir a túa historia con nos?
Deixádenos as vosas dúbidas, así como os temas sobre os que vos gustaría ter máis información e do resto xa nos encargamos nos!
Podes contactar aquí.
Coidádevos moito!