É posible que algunha vez pensases de alguén que coñeces (ou incluso de ti mesmx) que se preocupa en exceso polo que lle ocorre aos demais ou que é moi susceptible ao ruído, ou que todo lle afecta “demasiado”.
Se é así, quizá é que esa persoa sexa o que a psicóloga Elaine N. Aron acuñou como PAS, persoa con alta sensibilidade.
¿Que caracteriza ás persoas PAS?
- Capacidade de empatía elevada. Comprobouse que presentan maior actividade nas súas neuronas espello, de forma que captan as emocións dx outrx e poden entendelx mellor.
- Percepción extra dos estímulos sensoriais. Altamente sensibles a ruidos, luces, tacto, multitudes,… (por exemplo, molestxs co roce de etiquetas da roupa)
- Facilidade de saturación. Debido á gran carga sensorial e emocional que soportan, poden notarse sobrecargados. Incluso amosan preferencia polo traballo individual para evitar a ansiedade que lles pode xerar a recepción de estimulación derivada de varias persoas ou tareas; ademais son moi autoesixentes y perfeccionistas, co que se auto machacan en exceso coa sensación de erro.
- Alto nivel de moralidade. Son idealistas e loitan pola igualdade e a eliminación de inxustizas. Amosan tendencia a ser moi solidarixs e a axudar ao outrx. Moi entregadxs e con intención constante de cara á búsqueda de solucións.
- Profundidade na capacidade de pensamento. Son más reflexivxs, con máis observación e captación de detalles. Por esta razóns asóciase á creatividade e curiosidade, con desenvolvemento da parte artística, pero tamén da esixencia ante aspectos que poden parecer máis nimios, como por exemplo, preocupación por non mancharse.
- Susceptibilidade ante a crítica. Debido á súa alta emocionalidade e hipersensibilidade a veces síntense incomprendidxs. A súa percepción emocional lévaos ao sufrimento e a sobrevalorar as críticas recibidas.
- Necesidade de espazo persoal. Como están expostos a ese vaivén emocional, sinten a necesidade de illarse algún cachiño do mundo que xs rodea, para liberar tensión e conseguir desconexión.
E ti, ¿es PAS?
Estímase que as personas PAS son entre o 15 e o 20% da sociedade, por iso se, despois de ler as caracterísitcas previas, consideras que ti poderías ser unha PAS, déixoche acceso a un breve test no que podes facer unha aproximación rápida.
Recorda que non hai ningún test que te defina ao 100%, sinxelamente axudan a orientarte acerca de rasgos, pero a forma de comprendelos e canalizalos debe estar derixida por un/ha psicólogx.
¿Que fago se descubro ou penso que son PAS?
En principio, ser unha persoa con alta sensibilidade non é nada contraproducente, ao contrario! Persoalmente considero que é unha boa caracterísitca;) Poden desfrutar máis do día a día, implícanse máis na realidade, aportan gran valor ao seu arredor, …pero é certo que, en ocasións, a persoa PAS quédase atrapada nun círculo de sufrimento constante e de alerta permanente ante o entorno que lle xera malestar elevado.
Debido a súa tendencia perfeccionista e autoesixente, e a súa susceptibilidade ante as críticas, a veces rematan por illarse da sociedade ao ser relativamente habitual que sufran algunha patoloxía asociada como ansiedade ou ánimo deprimido.
Ademais, tamén é frecuente que sexa persoas con facilidade para olvidarse delas mesmas e o seu autocoidado en favor de ofrecer tempo e esforzo no benestar dos demais. É, nese momento, cando se precisa aprender a reconducir os sentimentos percibidos e enfocalos de forma sana de cara ao propio eu.
Non dubides en contactar cunha profeisonal se te sintes sobrecargadx ou sospeitas que pode ser o teu caso, porque é importante coñecerse e aprender estratexias de autocoidado e de asertividade para marcar límites no teu beneficio.