Adeus aos “debería”

img-7

Debería ter máis diñeiro para ser feliz; teño que facer todo ben; non debería pensar en min porque iso é egoísta; debería ser sempre puntual; debería saber máis deste tema; teño que caer ben a todo o mundo,…

¿Resúltanche familiares estas afirmacións? Seguro que algunha si e quizá é posible que poideras aumentar a lista, ¿verdade?

O terapeuta Reneau Z. Peurifoy define os “debería” como transformacións das eleccións persoais, desexos ou preferenzas en absolutos universais.

Os pensamentos en base a “debería” ou “teño que” constitúen algo semellante a un dogma que establecemos de forma inconsciente (xeralmente acompáñannos dende a nosa infancia) e que leva asociado unha crenza ríxida e firme, como se non houbese cabida para ningunha outra posibilidade e, en consecuencia, a ganancia directa que obtemos é frustración, malestar, respostas de ansiedade, enfado, inseguridade, culpabilidade,…

E é que é frecuente que de forma reiterada plantexemos o mundo de forma categórica, facendo pouco uso da tan preciada flexibilidade cognitiva e poñendo empeño en desperdiciar tempo e esforzo criticándonos duramente ou incluso xuzgando na mesma liña a outras persoas que segundo o noso criterio “sairon do establecido”, pero…

¿Cómo cambiaría o noso día a día se somos capaces de vencer a rixidez de pensamento e empregamos estratexias máis adaptativas?

Para introducir cambios e incluir unha maior positividade é preciso que podamos invertir a acción máis habitual para conectar outra vez coa orixe e observar que esas imposicións nacen, ou sería interesante que así fose, dunha elección. Se nos decidimos, quizá teremos máis dominio sobre a idea ¿non cres? e, en consecuencia, sobre a emoción que se experimenta a continuación e que vai dirixir a nosa acción posterior.

Se queres conseguir ese cambio, para modificar o malestar asociado ás esixencias autoimpostas, déixoche unhas pequenas ideas que poden axudarche a comezar o proceso.

  1. Fai un listado dos teus propios “debería”. Quizá non se che ocorren todos neste momento, pero como estarás co foco máis centrado neles a partir deste instante, cando vaias descubríndoos, anótaos!
  2. Revisa o listado e intenta modificar a idea por outra máis sa e flexible. ¿Cómo poderías facelo?, comeza por sustituir os “debería” por un “gustaríame” e plantéxate se che apetece en realidade, que che aporta, que podes facer ti e se é beneficioso na túa vida diaria.

Posiblemente a variación de tan so unha palabra na túa mensaxe pode permitirche ser máis respetuos@ contigo mesm@, e, en consecuencia, as sensacións que te acompañarán estarán emerxendo dende a calma.

¡Coidate moito! Pensa que ninguén o merece máis ca ti.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *