TI, ¿TAMÉN ES MENTALISTA?

img-7

A trampa de dar por suposto

Funcionamos tan en piloto automático que en moitas ocasións deixamos de lado algo tan básico como é comunicar.

Cando queremos algo dos demáis que nos sentaría ben (e da igual o que sexa: unha caricia, un abrazo, maior atención ou apoio, unha mirada, unha contestación, axuda nun traballo ou compañía para ir camiñar,…) é frecuente que asumamos que nolo van dar porque “xa nos coñecen”.

Non é raro escoitar:

“Xa sabe o que necesito” “sempre fun así, tería que sabelo”; “eu faríao, asíque non é tan complexo que se dese conta”.

Confiamos as nosas necesidades aos demáis, cargándo@s cunha responsabilidade que non é da súa competencia, e, en xeral, sentímonos moi frustrad@s porque non “están á altura” do que esperamos, do que nos gustaría ou incluso do que cremos que nos faríamos.

Unha grande parte dos enfados, distanciamentos ou malestares do día a día nas relacións humanas chegan pola falta de comunicación. A veces hai medo a transmitir o que necesitamos e/ou á reacción da persoa que temos enfrente; outras vecs pasa porque esiximos que respondan de xeito determinado facendo eco de “se o teño que pedir xa non o quero” como dicía Frida; a veces so pola deixadez…pero en todas as ocasións o resultado repítese:

Non estamos cómod@s e manifestámolo co noso comportamento, incluso creando situacións tensas nas que o interlocutor non está comprendendo de onde nace ese malestar.

Vouvos contar un segredo:

A maxia de ler o pensamento non existe.

Quizá estedes cavilando que nos facilitaría a vida poder facelo, aínda que tamén sería excesivo peso ter que estar escoitando non so a nosa cabeza, se non´ a do resto, ¿non credes?

É por iso que existe a comunicación. Cada un/ha de nos nacemos e medramos con cualidades e necesidades diferentes; estas diferencias fannos únic@s de modo que cada un vai aprendendo (de forma máis ou menos clara) que lle convén máis en cada momento para sentirse ben. No proceso de sentirnos ben, en ocasións incluimos ao círculo social no que nos movemos, pero olvidamos que cada unha das persoas que integran ese círculo experimenta no seu interior o seu propio proceso e pode que cadre ou non con noso, pero as dúas opcións son igualmente válidas e as dúas partes teñen o mesmo dereito de pedir, ao igual que a capacidade de decidir se poden dar ou non.

Anímovos a que deixedes de dar por suposto como teñen que reaccionar ós demáis e estedes máis observadores ás vosas emocións e á transmisión das mesmas.

Se me enfado porque alguén non me deu o que sinto que necesito, antes de canalizar ese rebose de enerxía cara ao outr@ o antes de guardarnos el dolor, podemos analizar: “¿que me está ocurrindo?, ¿transmitín con claridade o que precisaba?” e se non é así, entón comprenderás que ninguén está obrigad@ a cubrir o que ti non fuche capaz de manifestar e poderás por en marcha outras prácticas máis sanas para equilibrar as relacións e facer das mesmas algo máis armónico.

A maxia está na COMUNICACIÓN:)

Un comentario en “TI, ¿TAMÉN ES MENTALISTA?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *