REALMENTE, ¿ESTÁS ENFADAD@?

img-7

Enfadarse…algo tan habitual e tan pouco entendido cando o fai a persoa que temos de fronte.

¿É malo enfadarse?

¡Non! 

O enfado é unha emoción e como tal ten unha importante función. Neste caso, a de protexernos do que pode facernos mal.

Estar enfadad@s fai posible descargar e liberar unha parte emocional que pesa e que no exterior está moito mellor 🙂

O que acontece é que en moitas ocasións resúltanos de utilidade para anular outras emocións ou outras comunicacións que nos parecen máis complexas de manifestar, ou das que nin sequera somos conscientes, como por exemplo:

  1. Marcar límites.
  2. Expresar o que necesitamos asumindo que ese é o único xeito no que nos van atender e entender.
  3. Agochar a tristeza.
  4. Non dar a coñecer a decepción respecto do que acabamos de oír.
  5. Enfrontar o medo.

E de calquera destas cuestións (ou algunha máis que seguramente se me escapará 😉 ) poden xurdir conflitos con nos mesm@s e cos demais, porque non estamos dando lugar aos sentimentos reais.

¿Como podemos identificar que ocorre entón?

Estás enfadad@ (ou eso cres); xenial, deixa que pase! 🙂

¿Xa? 

Se diminuiu a intensidade do que experimentache, párate, escoita o teu interior e trata de responder:

  • ¿Que é realmente o que me está facendo sentir así?
  • ¿Que se me está pasando pola mente internamente?
  • ¿Que quero pedir? ou ¿que quero dicir?
  • ¿Teño medo de algo ou de alguén?
  • ¿O que quero comunicar é algo con base obxectiva?
  • ¿Está na man dos demais ofrecerme realmente o que quero (ou necesito)?
  • ¿Estou sendo esixente ou estou sendo capaz de valorar as cousas axeitadamente?
  • ¿Estoume respetando?
  • ¿Estou respetando á persoa de enfronte?

Se vas analizando cada unha destas cuestións é moi posible que podas descubrir a realidade do que o enfado che quería mostrar, e así poderás aceptar de forma menos invasiva o que che acontece e poderás encamiñar a situación de xeito máis amable contigo mesm@.

Como pouca práctica temos para ler o nivel emocional propio e alleo, coido que é moi cotiá que empreguemos erros mentais que nos levan á confusión; estou falando de aspectos variados como xustificar en exceso os “mal” comportamentos doutras persoas porque sabemos que o están pasando mal (empatía mal dirixida), de autoconvencernos de que o enfado nos vai permitir conseguir o propósito, proxectar nos demais os propios sentimentos e cargarlles coa responsabilidade do noso sentir, idealizar o enfado e infravalorar as mostras de tristeza e/ou o medo polo que “poden implicar”,…

E todas estas crenzas convírtense en patróns de conduta desequilibrada, que desenfocan o centro do que sentimos, pero que consideramos que é a única vía efectiva por non darnos tempo de recoñecemento suficiente.

¿Que ganancia obtemos nestes casos?

Claro, estás no certo, …¡Ningunha! 🙁

Se as emocións existen é porque todas teñen un potencial e nos fan ben (a pesar da incomodidade coa que experimentamos algunha)

O enfado, aínda que incómodo, é práctico, así que vale, deixa que veña, pero despois date tempo para reaxustar o sentimento e ver se realmente estás enfadad@; se é así, noraboa por ser quen de expresalo 🙂

pero…

Se descubres que en verdade tes medo ou estás triste, por favor, ¡non o agoches! 

E se despois de lerme e tratar de responder as cuestións anteriores consideras que identificar as respostas para ti é complexo, non dubides en contactar.

2 comentarios en “REALMENTE, ¿ESTÁS ENFADAD@?

    1. Grazas pola consulta Elena,

      Os/as nenos/as son como os adultos, de feito nos somos a súa imaxe de referencia:)

      Ante un enfado ou rabieta dun/ha menor, e aínda que habería que analizar cada situación particular, como regras xerais podemos ter en conta os seguintes aspectos:

      -Na medida do posible que non perciban descontrol por parte da figura adulta porque a transmisión de inseguridade reducirá a posibilidade de calma.

      -Non intervir no momento presente. Ahí é vital acompañar para que observe e sinta que estamos, pero intentar razonar nese instante resulta pouco óptimo porque o seu cerebro non pod, nese intre, estar atento á información que emitimos (certo que aquí poderiamos ver diferenzas en distintos ciclos de idade)

      -Tratar de darlle nome á emoción que sinten: “Agora mesmo estás enfadado/a…”

      -Cando vaia estando máis calmado/a podemos tratar de realizar algunha forma de relaxación ou respiración, caricias, masaxe ou un cambio de espazo.

      -Unha vez recuperada a tranquilidade ahí si podemos ver de analizar que foi o que desencadenou a situación para aportar alternativas para a próxima vez.

      Espero que che/vos sirva e senón quedo á túa disposición para calquera outra consulta!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *